Karl Marx (Tréveris, 1818-Londres, 1883). Despois de dirixir a "Gaceta Renana" (1842), escribe "Manuscritos económicos e filosóficos" (1844) e, con F. Engels, "A Sagrada Familia" (1844) e "A ideoloxía alemá" (1845-46), primeiras fundamentacións do materialismo histórico, e "Miseria da filosofía" (1847). Únese á Liga dos Comunistas para a que escribirá, con Engels, "O manifesto comunista" (1848). Exporá a súa teoría do estado capitalista en varias obras de carácter histórico e iniciará logo un amplo programa de análise económica sobre o modo de produción capitalista que culminará no primeiro volume de "O capital" (1867).