DUBERT, ISIDRO

Isidro Dubert é catedrático de Historia Moderna na Universidade de Santiago. Fundador e actual director da revista especializada «Obradoiro de Historia Moderna». Habitualmente investiga temas relativos á historia da familia e á demografía histórica da Galicia dos séculos XVIII e XIX. Mais tamén se ten ocupado neles do estudo da cultura popular, da historia da pesca e do comercio marítimo, do servizo doméstico, da vellez e do avellentamento demográfico, así como do funcionamento dos mercados de traballo, do abandono infantil e da ilexitimidade. Entre outros, é autor de «Cultura popular e imaxinario social en Galicia, 1480-1900» (2007) e editor de «Historia das historias de Galicia» (Xerais, 2016).

Bere liburuak