Pablo Gutiérrez foi seleccionado pola revista Granta como un dos mellores narradores novos en español, ao pouco de publicar a súa primeira novela, Rosas, restos de alas (La Fábrica, 2008), que recibiu o premio Tormenta ao mellor autor novel. Posteriormente, foi galardoado co Premio Ojo Crítico de RNE pola novela Nada es crucial (Lengua de Trapo, 2010), obra que foi traducida ao francés e ao italiano. Desde entón, non deixou de publicar as súas obras con grande éxito, mentres imparte clases, dá conferencias e participa en mesas redondas. A súa primeira novela pensada para o público xuvenil especialmente foi Memoria de la chica azul. Con A síndrome de Bergerac non só conseguiu o Premio Edebé de Literatura Xuvenil, tamén lles quixo render toda unha homenaxe aos seus alumnos.