MALLORQUÍ DEL CORRAL, CÉSAR

César Mallorquí (Barcelona, 1953) estudou Xornalismo na Universidade Complutense de Madrid e colaborou, entre outras publicacións, na famosa revista La Codorniz. Tamén traballou durante moitos anos en publicidade como creativo, ata que a primeiros dos anos noventa decidiu dedicarse ao que sempre foi a súa vocación: a literatura. Conseguiu numerosos premios, como o EDEBÉ en catro ocasións, o Gran Angular 2000, o Premio Nacional de Narrativa Cultura Viva 2007, o Premio Hache 2010 ou o Premio Nacional de Literatura Xuvenil 2013 pola súa extraordinaria novela A illa de Bowen. No 2015 obtivo o Premio Cervantes Chico en recoñecemento á súa traxectoria literaria.

Bere liburuak